Ácido piroleñoso

composto químico

O ácido piroleñoso[1] ou pirolígneo[2] tamén chamado vinagre de madeira,[3] é un líquido producido durante a destilación en seco da madeira. Tamén é coñecido como "licor piroleñoso" e "extracto piroleñoso",[4] un produto milenario na cultura xaponesa, obtido a través da condensación do fume procedente da carbonización da madeira, durante a produción de carbón vexetal.[5]

Ácido Piroleñoso
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Composición química

editar

Os seus compoñentes principais son o ácido acético, a acetona e o metanol. Utilizouse como fonte comercial de ácido acético.[6]

 
Cheminea para a produción de ácido piroleñoso en Kintyre, Escocia.

Obtención

editar

Para a obtención do extracto pirolenhoso pode utilizarse desde o eucalipto (Eucalyptus sp), o bambú (Bambusa vulgaris var. vittata, B. vulgaris, B. tuldoides, Dendrocalamus giganteus e Guadua angustifolia) ou madeiras nativas, sendo preferíbeis especies procedentes de reforestamento, a captación da fume reduce os problemas de contaminación ambiental causados polas carboarías.

Pódese obter un sal neutralizando o ácido cunha lexivia obtida das cinzas da madeira queimada.

Historia e usos

editar

O ácido pirolígneo (acetum lignorum) foi investigado polo químico alemán Johann Rudolph Glauber.[6] Este ácido consumíase como substituto do vinagre. Tamén se aplicou topicamente para curar feridas, úlceras e outras doenzas.

En 1895, o ácido piroleñoso foi comercializado por primeira vez baixo a marca "Wright's Liquid Smoke", un produto de fume líquido saborizante e algúns dos efectos conservantes do afumado de madeira a carnes e verduras. A principios do século XXI, as preocupacións sobre os efectos canceríxenos dos compoñentes do fume da madeira reduciron a produción de alimentos moi afumados en favor de fumes máis lixeiros e de fume líquido para os alimentos.[6]

En agricultura ecolóxica é coñecido e utilizado como condicionador do solo, bioestimulante vexetal, indutor de enraizamento, repelente de insectos, tamén usado como potenciador de herbicidas diminuíndo o uso de produtos químicos, xa que ten acción dilatadora dos poros da planta e con iso a dosaxe do herbicida pode ser reducida á metade, contribuíndo coa diminución do uso de agroquímicos na agricultura convencional.

  1. "piroleñoso". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-26. 
  2. O termo "pirolígneo" non aparece no DRAG nin no bUSCatermos, pero é común en portugués e castelán (ácido pirolígneo) e inglés (pyroligneous acid).
  3. Confróntese con "vinagre de Madeira", que é o vinagre obtido a partir de vinho de Madeira.
  4. "EXTRATO PIROLENHOSO - Saiba mais sobre o puro vinagre de madeira.". pt.linkedin.com (en inglés). Consultado o 2024-11-26. 
  5. O extracto piroleñoso común no Xapón foi introducido para a para agricultura ecolóxica no Brasil por Shiro Miyasaka, cofundador no estado de São Paulo da Asociación de Produtores de Agricultura Natural.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Ácido piroleñoso _ AcademiaLab". academia-lab.com. Consultado o 2024-11-26. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Saigusa, A Complete of wood vinegar for agriculture, (2000), 2ª Edición, Editora Soo Ron Sha.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.